Fotografías premiadas, de Marcos Rodríguez

23,00 €
IVE incluido

DIMENSIÓNS: 40 x 30 cm.

Selección
Cantidade

Marcos Rodríguez

A súa fotografía dunha onda impactando no peirao de Arou copou as portadas dos principais medios de comunicación galegos en 2015, cando foi recoñecido coa medalla de prata na Copa do Mundo de Fotografía. Desde entón o palmarés do fotógrafo Marcos Rodríguez (Milán, Italia, 1973) non parou de crecer; aínda que afirma non verse condicionado polos galardóns e que o seu único desexo é "poder dedicarme á fotografía toda a miña vida". Formado en Produción e Linguaxe Audiovisual a principios dos 90, abre o seu propio estudo de fotografía en Cee no ano 2009, onde desempeña a súa actividade profesional e colabora con varios medios de comunicación locais. Desde que hai xa unha década expuxese por primeira vez a súa obra ante o público no Centro Cívico de Arteixo, Marcos Rodríguez participou en numerosas exposicións. Na actualidade viaxa coa súa colección "Asunción, María e José. Xente anónima con nome propio", que visitou xa localidades como Vimianzo, Malpica ou Carballo.

Ficha 11
10 elementos: