

Lámina de composición dixital con paspartú e traseira ríxida con plástico de protección. O formato cadrado xa é unha peculiaridade na fotografía, pero ademais Xoanxo consegue plasmar a beleza dos lugares, dos espacios, dos elementos que aos demais nos pasan desapercibidos. As fotografías están numeradas en series de 20 (é dicir, de cada fotografía hai 20 reproduccións), e conteñen a firma do autor.
DIMENSIÓNS:
Xoanxo Cespón (1970) é un artista e pintor ceense que tamén traballa a fotografía; na actualidade reside en Reino Unido. A súa obra divídese entre a pintura, a fotografía e a arte dixital, aínda que o seu estilo e forma de traballar apréciase en cada unha do tres disciplinas. Afirma Xoanxo que as súas pezas non son máis que a expresión de se mesmo e que o proceso de creación lévao a miúdo a un punto no que o tempo se detén e os conflitos desaparecen; un punto no que sente, afirma, verdadeiramente unido ao momento, ao presente. As súas obras foron expostas en múltiples localizacións: desde o seu pobo natal, Cee, ata o Círculo de Belas Artes de Madrid, pasando por innumerables galerías de Londres (Bolivar Hall, Canning House ou John Jones Gallery), Manchester (Portico Gallery ou o Instituto Cervantes) e Amsterdam. Mesmo chegou a ter a súa propia galería en Hoofddorp (Países Baixos) durante dous anos.