PROCESO DE COMPRA: 

Unha vez localizado o produto desexado tan só haberá que incorporalo ao carriño da compra facendo clic no botón "Engadir ao carriño". Ao facelo poderá continuar comprando ou tramitar o seu pedido.

Unha vez seleccionados todo os produtos que desexe comprar, facendo clic no botón "Confirmar"  iniciará o proceso de compra:

  Se xa é cliente: deberá rexistrarse no sistema introducindo os seus datos de usuario e contrasinal

 • Se é un novo cliente: deberá darse de alta para o cal chega con cubrir os datos solicitados nuns sinxelos pasos.

Finalizará o proceso indicando os datos de facturación e envío, seleccionando a continuación a forma de pago que prefira.

Se desexa unha factura pode solitárnola escribíndonos a  stoupa@stoupa.gal indicando o número de pedido.

 

MÉTODOS DE PAGO DISPOÑIBLES:

 Transferencia bancaria.

 

ENVÍO:

O envío realizarase a través dunha empresa de transporte. En todo o proceso de envío respetaranse as condicións óptimas para o transporte e conservación do produto en perfectas condicións. 

Non se servirán pedidos en apartados de correos. 

Non se realizarán envíos fóra do territorio peninsular.

 

PRAZOS DE ENTREGA:

O prazo de entrega será de 2-5 días laborables, sempre que o produto esté dispoñible en stock. 

Para pagos mediante transferencia bancaria o prazo de entrega establecerase a partir da data de recepción do xustificante da transacción.

Se algún dos produtos seleccionados non se puidera servir contactarse directamente co cliente para acordar unha solución.

 

DEVOLUCIÓNS OU CAMBIOS

O prazo máximo para solicitar a devolución son 14 días desde a recepción do pedido.

A solicitude pódese realizar a través do correo electrónico stoupa@stoupa.gal indicando a referencia do pedido e a incidencia correspondente.

 

 MOTIVOS DE DEVOLUCIÓN:

 • O produto entregado non é satisfactorio. Pode devolvelo a través de mensaxeiro. Reembolsarase o importe do produto pero non os gastos de envío.

 • Produto defectuoso ou non se corresponde co pedido. A web correrá cos cargos de recollida e envío do produto correcto. 

Non se aceptarán devolucións de produtos sen a súa embalaxe nin etiquetas orixinais.

Para a súa devolución o produto debe encontrarse en perfecto estado e sen ter sido usado, acompañado de todos os seus compoñentes e accesorios.

 

MÁIS INFORMACIÓN

Se precisa máis información pode contactar con nós no correo electrónico stoupa@stoupa.gal.

* Os prezos indicados que aparecen na páxina web levan incluído o I.V.E.