Cartografía dos barcos afundidos, de Pepe de Olegario

51,50 €
IVE incluido

Pepe de Olegario é un mariñeiro retirado que empezou a situar os barcos afundidos nas súas cartas mariñas cando el e o seu pai descubriron que os meros se atopaban nos pecios das nosas latitudes? Estas cartografías (copias das súas orixinais) son o froito de moito traballo e esforzo de campo: como a localización dos barcos, as lecturas sobre os naufraxios e as conversacións con oficiais da Mariña e mariñeiros, por suposto.

Para máis información: os meros péscanse en liña a 300 metros de profundidade coma a merluza, e segundo Olegario escóndense ou migran dende finais de agosto ata finais de xaneiro.

Cantidade
Sen Stock

José López Redonda (Pepe de Olegario)

Desde os 14 anos, José López Redonda, máis coñecido como Pepe de Olegario, asucou os mares e camuflouse nas súas historias. Ao dedicarse á pesca do mero, tiña que irse ás zonas profundas do océano, o que lle permitiu ir descifrando as localizacións de todos os barcos que naufragaron na costa galega, mesmo algúns que perderan o rumbo no Cantábrico ou en Portugal. Tamén detallou os motivos que levaron a eses barcos a afundirse. Nas súas cartografías e documentos viven os miles de naufraxios que houbo na Costa da Morte desde o s. XVIII. Historias mariñeiras que sempre cotexaba cos seus libros e outros datos, e que posteriormente ía trasladando a man aos seus mapas. Pepe asegura que aínda queda moito por documentar sobre barcos, aínda que a súa cartografía son un comezo excelente.

Ficha 05