Mochila, Jesica Coiradas

28,50 €
IVE incluido

A deseñadora só utiliza teas de algodón orgánico 100% para as súas creacións. Aparte do exhaustivo estudo sobre as medidas da mochila para que esta se axuste ben á espalda, Jesica consegue uns estampandos espectaculares a través de métodos tradicionais. A partires da casca da cebola obtén cores amarelas e do palo campeche consegue os tons violetas. A firma da autora atópase impresa na tea do produto e leva unhas intrucións de uso.

DIMENSIÓNS: aprox. 39 x 44 cm

Cor
Cantidade

Jesica Coiradas

Jesica Coiradas (Cee, 1987) iniciouse no patronaxe no IES Paseo das Pontes, para máis tarde comezar os seus Estudos Superiores en Deseño de Moda na EASD Mestre Mateo. Xa antes de terminar a súa formación comezou a presentarse a certames e concursos de moda, obtendo moi bos resultados. Foi finalista en dúas ocasións no concurso de moda que o CC Gran Vía de Vigo organiza anualmente, con estilismos inspirados en "Alicia no País das Marabillas" e "Soño dunha noite de verán". Foi finalista, tamén en dúas ocasións, na Mostra do Encaixe de Camariñas, sendo "Birds" (a súa colección inspirada en "Os paxaros" de Hitchcock) o seu traballo máis laureado ata o momento. Cun gran respecto e arraigamento polo tradicional, Jesica Coiradas consegue crear unha combinación moi lograda en grao sumo típico da nosa cultura -como o encaixe de palillos- con elementos modernos e rompedores, como os curiosos tocados en forma de gaiola que presentou na súa colección "Birds".

Ficha 06
10 elementos: