Carteiras, Redeiras de Corme

48,00 €
IVE incluido

As redeiras de Corme aproveitan as redes recicladas para elaborar complementos. As carteiras están feitas de distintos tipos de rede e tea de neopreno, e están cortadas e cosidas a man polas propias redeiras. Como peche teñen un broche, e como valor engadido conteñen unha pequena agulla coma as que elas mesmas utilizan para reparar e tecer panos de pesca.

DIMENSIÓNS: aprox. 30 x 16 cm

Cantidade

Redeiras de Corme

Beleza e orixinalidade son termos que facilmente se poderían adscribir ás creacións das redeiras Illa da Estrela, de Corme. O seu singular traballo creativo está inspirado nas técnicas e apeiros tradicionais de pesca, sendo a rede reciclada o material máis empregado para os bolsos, gargantillas e demais complementos elaborados por este grupo de redeiras. Ademais do seu traballo na reparación de útiles e instrumentos de pesca, esta asociación, que ten a súa sede na zona portuaria de Corme (Ponteceso), ofrece tamén demostracións en vivo aos visitantes, ademais de exhibir as súas orixinais creacións ao público.

Ficha 02
10 elementos: