Cuncas, de Nano Unzueta

16,00 €
IVE incluido

Nas súas creacións utiliza o barro coma materia materia e o torno como a ferramenta, por iso ningunha das súas pezas son iguais en tamaño, malia que poden compartir medidas aproximadas.

Os baños de cor son únicos e son un éxito en países como Suecia ou Australia, lugares aos que Nano exporta moita da súa produción.

Cor
Cantidade

Nano Unzueta

O artesán José Juan Unzueta Olalde nace en Eibar (Guipúzcoa) en 1956. A súa primeira aproximación á cerámica dáse de maneira casual na primavera do ano 1979. E é uns meses máis tarde cando decide asistir a un curso de iniciación da Escola de Cerámica A Bisbal (Xirona). Máis tarde trasládase a Buño para seguir coa súa aprendizaxe no taller de Aparicio Añón. É nese momento cando xorde a súa gran vinculación coa Costa da Morte, pois en 1980 aséntase en Carnota, onde traballa en profundidade o gres e a alta temperatura. Define as súas pezas como cheiraría contemporánea xa que busca a utilidade das súas obras sen deixar de lado a parte estética e vangardista. O seu traballo está, ademais, moi enfocado á investigación e constante procura de novos procedementos de fabricación; así como tamén imparte cursos de formación que define como "experiencias moi gratificantes polo gran interese que mostran os alumnos". Unzueta participou en numerosas mostras, feiras e exposicións ao longo do territorio nacional e internacional e foi nomeado ao I Premio Nacional de Artesanía pola Asociación Galega de Artesáns. Ademais, tamén colabora coa empresa australiana Spence&Lyda, unha web de mobles de deseño e decoración na que Nano vende as súas pezas.

Ficha 08
10 elementos: