Colgante, de Yano Yoro

84,00 €
IVE incluido

Medallón de porcelana pintado con materias grasas a través da técnica xaponesa do sumi-e, e cocido a altas temperaturas (850ºC). A parte de atrás do colgante está forrada con papel de arroz, no que a autora estampa a súa firma. Os delicados debuxos xorden dos trazos que Yano Yoro plasma harmoniosamente sobre a superficie de porcelana, e aos cales lle dedica moitas horas de práctica para que salgan perfectos.

DIMENSIÓNS: Ø 5cm

Cantidade

Yano Yoro

92_imagen.jpg

Detrás do pseudónimo de Yano Yoro atópase o pincel de Susana Llorente (1969), madrileña de nacemento e residente en Muxía. Con estudos en Arquitectura de Interiores, Deseño Gráfico e modelado de anatomía humana; a súa formación artística comeza a unha temperá idade no taller do seu pai, artesán especializado en ourivaría e esmaltación sobre metais. A súa gran fascinación pola arte zen e pola cultura oriental lévana a explorar o Sumi-e, unha corrente xaponesa utilizada na pintura zen. En 1992 comeza os seus estudos de arte oriental e explora de cheo esta disciplina artística sendo discípula de artistas de renome, como Li Chi-Pang, artista contemporáneo e mestre especialista en pintura chinesa tradicional. En 2009 trasládase a Muxía e é alí onde a beleza paisaxística da contorna que a rodea impúlsaa a emprender unha nova etapa na súa produción artística baixo o pseudónimo de Yano Yoro. Os soportes e materiais que máis utiliza son a tinta, o papel de arroz, a seda e as graxas ao lume sobre cerámica e porcelana. Susana compaxina, ademais, a creación plástica coa docencia artística e imparte numerosos talleres e cursos nos que transmite os seus coñecementos sobre a arte do Sumi-e.

Ficha 03
10 elementos: